Friday 03 de May de 2024

A alcaldesa Inés Rey visita Showa Denko para coñecer de primeira man os seus proxectos de desenvolvemento


Visita da alcaldesa Inés Rey a Showa Denko para coñecer de primeira man os seus proxectos de desenvolvemento.

A alcaldesa, Inés Rey visitou esta mañá as instalacións de Showa Denko para coñecer de primeira man o traballo que desenvolve esta planta de producción de electrodos de grafito. A rexedora mantivo unha reunión de traballo coa dirección da empresa na que coñeceu os proxectos actuais e de expansión da compañía. Rey visitou as instalacións nas que traballan un centenar de traballadores e saudou a unha representación do comité da empresa.

A alcaldesa amosou o seu compromiso e a vontade de colaboración do seu goberno coas empresas que, como Showa Denko, xeran postos de traballo estables e de calidade na cidade e están comprometidas coa seguridade e o desenvolvemento sostible.